miércoles 9 de noviembre de 2011

GALLAECIA FULGET

Galicia sempre tivo fama de rexentar universidades con un gran prestixio. Os seus campus principáis: Santiago, Vigo e Coruña atraen anualmente a miles de estudantes de todo o territorio español e tamén de Europa, ainda que a nosa proxección e internacionalidade decaiu debido a malas praxes no ensino, casi todas elas, dito sexa de paso, alimentadas dende as institucións políticas por determinados partidos.   

A    universidade por excelencia é Santiago de Compostela, un dos centros más antigos de Europa, e que en 1995 celebrou o seu 5º centenario. Se organiza en dous campus: Compostela e Lugo, que se dividen a sua vez en departamentos, facultades, escolas técnicas superiores, escolas universitarias, institutos e escolas de especialización profesional.

As súas instalacións ocupan unha superficie de 1.300.000 metros cuadrados. Conta con cuarenta mil estudantes, dous mil docentes e investigadores e máis de mil persoas nas áreas da administración e servizos. A sua erudición navega entre a tradición como no caso das facultades de Medicina, Humanidades ou Dereito ata a innovación como as Ciencias da Comunicación,

A UNI de Vigo ten Campus repartidos en tres cidades: Ourense, Pontevedra e Vigo. Neste último complexo (CUVI) se ubican as sedes administrativas principais, os centros filolóxicos e as escolas técnicas máis modernas e punteiras de España como as de Enxeñería Industrial, Enxeñería de Minas, Enxeñería en Telecomunicacións (TELECO), Inxeñería Técnica Industrial, e incluso temos Escola de Enfermería.

Pontevedra apostou polas Belas Artes e, por exemplo, Ourense acolle unha reavaliada Enxeñería Informática.

Por último está Coruña, con sedes na Cidade Herculina e Ferrol. Éstas son sedes de escolas universitarias de Arquitectura, Camiños, Canais e Portos, e tamén estudos de Mariña Civil.

En definitiva, un elenco de actividades docentes variadas do que poucas Comunidades Autónomas poden presumir, e na teoría repartidas dende unha perspectiva temática en función da saída profesional dos seus respectivos hinterlands.

É certo que nos tres derradeiros lustros o nivel baixou de maneira alarmante no alumnado universitario como consecuencia directa da caída do listón na ensinanza secundaria, tamén é certo que ca crise económica e o desinterés das autoridades políticas, e incluso dos investimentos privados, na educación de alto nivel se está a producir un empeoramento das instalacións e mesmo da motivación e capacidade do profesorado.

Por último a politización da universidade galega, sobre todo en materia de humanidades, e o conflicto lingüistico son cancros que minan a internacionalidade, a liberdade de pensamento do alumnado e mesmo a xustiza na evaluación por parte dos mestres.

Ainda así, “Gallaecia Fulget”.

Sen embargo a capacidade de preparación e titulación dos nosos mozos choca frontalmente con unha realidade laboral grotesca.

Galicia estase convertendo novamente nunha fábrica de emigrantes. Para facernos unha idea, os xóvenes galegos están escollendo a emigración o extranxeiro como a única saida ca que tratar a falta de perspectivas ante a crise.

De feito a emigración exterior non fixo outra cousa máis que medrar en Galicia dende 2004, cuando abandoaron a nosa Comunidade 1.722 galegos, ainda que o repunte máis notable datou do 2009, cando partiron cara o exterior 3.084 persoas. Estas cifras incrementáronse en 2010 e van camiño de batir records neste ano ca gran “Oferta Merkel”

Un diaño do pasado que volta para levarse ós nosos cerebros máis privilexiados, os nosos estudantes potencialmente emprendedores.

E, ¿a que pode aspirar unha sociedade moderna sen emprendedores?

Para contestar a esta pregunta debemos plantexarnos primeiro, ¿qué é un emprendedor, e o que o diferencia dun empresario?

Un empresario é unha persoa que coloca o seu capital nun negocio de rendibilidade xa constatada pola experiencia. Un emprendedor crea negocio dentro dun eixo experimental. A mellores armas do empresario son a capacidade de inversión e o estudo do mercado, as do emprendedor son a iniciativa e a orixinalidade. O cal non rexeita a necesidade inversora dos emprendedores.

Precisamente os emprendedores necesitan máis que ninguén ese empuxe inicial posto que son xeralmente persoas con poucos cartos pero con unha gran fe no seu proxecto, unha fe baseada na visión de futuro e nunha potente preparación facultativa que ven proporcionada pola universidade. E digo ven proporciona, que non incentivada.

Para facernos unha idea o noso reputado D. Amancio Ortega é un exemplo de empresario e sen embargo Mark Zuckerberg, creador da rede social Facebook, é un claro arquetipo de emprendedor.

Cando o proxecto dun emprendedor sai adiante é triunfa en termos de volumen e rendibilidade económica, se expande e se populariza, entón ese proxecto emprendedor convérsese en empresarial, e o emprendedor faise empresario. Esto pasou con Hill Gates.

Creo co problema básico de Galicia é que nin as institución nin a sociedade civil apoia os emprendedores, nunca se fixo nada por eles e parece que estamos condeados a esa falta de enfoque.

Non se axuda ós emprendedores porque as universidades mostran a teoría, incluso fanse prácticas, pero logo faltan departamentos de orientación laboral e concursos de ideas.

Nos se apoia os emprendedores porque as subvencións de I+D+I vanse as multinacionais. Un exemplo claro é Citroen, que capta unha gran parte destes investimentos a cambio de non deslocalizala sua producción de Galicia e deixar a centos de obreiros na rua. Tódolos gobernos da Xunta cairon sen excepción víctimas desta chantaxe.

En outras ocasións son empresas diversas acollidas a programas pouco innovadores as que se levan estas partidas presupuestarias. Moitas veces se lles conceden axudas simplemente para tapar buratos derivados de inversións fraudulentas ou fallidas.

Todavía é máis grave cando estas axudas entregánse a amigos do poder político, ben, a iso se lle chama corrupción.

Tampouco existen departamentos destiñados ó asesoramento destos potenciais emprendedores. Fai pouco o meu partido propuxo públicamente a creación dunha “Oficina do Emprendedor en Vigo”. Tíñamos un proxecto ben artellado. Sacámolo do programa electoral dos LIBDEM Británicos na cidade de Liverpool, donde gobernan os nosos socios e adaptámolo a idiosincrasia de Vigo, dado que ambas son cidades xemeláicas.

Parece que unha vez estivo o descuberto a nosa proposta o Partido Popular sacou unha semellante para a creación da Oficina do Emprendedor en Vigo que ó meu pero era un simple eufemismo propagandístico debido a que non levaba acompañamento técnico nin presupuestario. Esta é unha demostración de que en Galicia os tema “Emprendedor” se toma a lixeira.

Sem embargo vivimos nunha sociedade global. Os espazos xeográficos productivos están variado; a industria se deslocaliza inexorablemente do vello continente en post do sureste asiático (India e China), e no futuro este espazo a sua vez será sustituido por África.

O noso Estado do Benestar xa non é seguro, e posiblemente é insostible, teremos que apostar pola Sociedade do Benestar, e esta reconversión vai a ter un custo.

Os que vemos cara o futuro sabemos que os cambios son duros de asumir pero como son inevitables temos que afrontalos en pro da nosa supervivencia económica e precisamente pola continuidade do noso benestar.

Temos que achegarnos o concepto económico liberal danés e iso non o poden facer os grandes partidos.

As forzas que gobernan Galicia a día de hoxe, e en xeral todo o Estado Español están atadas polos os seus propios intereses creados, por exemplo, non serían quenes de desbloquear os presupostos de I+D+I a favor dos emprendedores como non son capaces de liquidar as fedorentas e gravosas diputacións provinciáis.

Un xoven recen saido da universidade palpa a ausencia de interés e oportunidades que existen en Galicia. Calquer cidadán medio dase conta da paralise da Xunta e que as reformas de equilibrio e auteridade do Sr. Alberto Nuñez Feijoo quedáronse na antesala.

Por eso os xóvenes galegos emigran. Por eso aunque na Universidades “Gallaecia Fulget”, na cola do paro “Gallaecia Fuxet”.